viernes. 22.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 741 deles 179 son da área da Coruña, 119 da de Lugo, 126 da de Ourense, 65 da de Pontevedra, 143 da área de Vigo, 88 da de Santiago e 21 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 43 en unidades de hospitalización e 685 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.035 persoas curadas, rexistrándose 2.639 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.844.937.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.392.539.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 741 casos activos por coronavirus