sábado. 23.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.163 deles 1.762 son da área da Coruña, 1.408 da de Lugo, 654 da de Ourense, 478 da de Pontevedra, 1.126 da área de Vigo, 1.283 da de Santiago e 452 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 154 en unidades de hospitalización e 6.962 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 169.685 persoas curadas, rexistrándose 2.577 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.756.631.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.130.175.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 7.163 casos activos por coronavirus