A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.628 deles 1.616 son da área da Coruña, 1.315 da de Lugo, 646 da de Ourense, 429 da de Pontevedra, 999 da área de Vigo, 1.228 da de Santiago e 395 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 154 en unidades de hospitalización e 6.426 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 170.534 persoas curadas, rexistrándose 2.579 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.760.951.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.148.500.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.