sábado. 23.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.848 deles 1.457 son da área da Coruña, 1.221 da de Lugo, 586 da de Ourense, 358 da de Pontevedra, 858 da área de Vigo, 1.047 da de Santiago e 321 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 5.647 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 171.709 persoas curadas, rexistrándose 2.584 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.768.397.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.174.546.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 5.848 casos activos por coronavirus