A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 477 deles 137 son da área da Coruña, 40 da de Lugo, 71 da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 73 da área de Vigo, 65 da de Santiago e 31 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 4 están en UCI, 23 en unidades de hospitalización e 450 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.998 persoas curadas, rexistrándose 2.651 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.891.894.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.452.703.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.