A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.365 deles 3.210 son da área da Coruña, 2.041 da de Lugo, 1.935 da de Ourense, 1.895 da de Pontevedra, 3.290 da área de Vigo, 2.950 da de Santiago e 952 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 397 en unidades de hospitalización e 15.940 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 481.790 persoas curadas, rexistrándose 3.114 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 1 de marzo:
Home de 89 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Muller de 85 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Home de 85 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Todas estas persoas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.705.068.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.538.666.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.