A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.666, deles 2.843 son da área da Coruña, 1.031 da de Lugo, 1.605 da de Ourense, 954 da de Pontevedra, 2.167 da área de Vigo, 2.157 da de Santiago, e 909 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 91 están en UCI, 506 en unidades de hospitalización e 11.069 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 61.853 persoas curadas, rexistrándose 1.499 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.232.152.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 49.768.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 11.666 362 usuarios 204 profesionais FALECEMENTOS 1.499 258 en residencias 349 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 1.692 AULAS PECHADAS 45 CENTROS PECHADOS 3
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.