sábado. 23.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.819 deles 462 son da área da Coruña, 343 da de Lugo, 225 da de Ourense, 130 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 264 da de Santiago e 51 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 23 están en UCI, 56 en unidades de hospitalización e 1.740 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 177.504 persoas curadas, rexistrándose 2.623 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.816.206.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.336.948.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 1.819 casos activos por coronavirus