A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.991, deles 1.224 son da área da Coruña, 531 da de Lugo, 688 da de Ourense, 751 da de Pontevedra, 1.113 da área de Vigo, 1.336 da de Santiago, e 348 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 342 en unidades de hospitalización e 5.593 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 57.660 persoas curadas, rexistrándose 1.421 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.137.651.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 5.991 143 usuarios 97 profesionais FALECEMENTOS 1.421 245 en residencias 337 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.