sábado. 23.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.411 deles 3.096 son da área da Coruña, 1.231 da de Lugo, 714 da de Ourense, 945 da de Pontevedra, 2.429 da área de Vigo, 1.211 da de Santiago e 785 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 268 en unidades de hospitalización e 10.080 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 162.131 persoas curadas, rexistrándose 2.540 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.703.229.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.885.792.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 268 en unidades de hospitalización e...