A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.076 deles 4.217 son da área da Coruña, 1.330 da de Lugo, 797 da de Ourense, 1.351 da de Pontevedra, 3.192 da área de Vigo, 1.290 da de Santiago e 899 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 263 en unidades de hospitalización e 12.750 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 155.855 persoas curadas, rexistrándose 2.518 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.670.626.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.782.045.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.