A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.777, deles 1.091 son da área da Coruña, 463 da de Lugo, 600 da de Ourense, 789 da de Pontevedra, 1.181 da área de Vigo, 1.346 da de Santiago, e 307 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 290 en unidades de hospitalización e 5.432 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 56.338 persoas curadas, rexistrándose 1.400 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.120.590.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 5.777 135 usuarios 111 profesionais FALECEMENTOS 1.400 243 en residencias 336 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.