A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.156 deles 4.495 son da área da Coruña, 1.585 da de Lugo, 1.029 da de Ourense, 1.809 da de Pontevedra, 3.715 da área de Vigo, 1.555 da de Santiago e 968 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 269 en unidades de hospitalización e 14.832 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 151.443 persoas curadas, rexistrándose 2.508 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.649.904.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.735.298.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.