sábado. 23.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.522 deles 1.871 son da área da Coruña, 1.402 da de Lugo, 679 da de Ourense, 504 da de Pontevedra, 1.250 da área de Vigo, 1.309 da de Santiago e 507 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 7.316 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 169.094 persoas curadas, rexistrándose 2.574 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.752.676.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.124.258.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e...