A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.762, deles 3.676 son da área da Coruña, 1.086 da de Lugo, 1.020 da de Ourense, 1.539 da de Pontevedra, 1.826 da área de Vigo, 1.469 da de Santiago e 1.126 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 187 están en UCI, 737 en unidades de hospitalización e 10.818 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 95.465 persoas curadas, rexistrándose 2.138 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.592.668.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 138.668.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 11.762 73 usuarios 88 profesionais FALECEMENTOS 2.138 352 en residencias 425 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.