O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da nova liña axudas dotada de 2,5M€ coa que a Xunta de Galicia fomenta a creación de novos establecementos turÃsticos de aloxamento e restauración para mellorar e ampliar os servizos aos visitantes ao tempo que se fomenta o emprego turÃstico e se busca un positivo impacto económico local. A iniciativa enmárcase no Plan Territorial de EnogastronomÃa de Galicia, posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos Next Generation.
Como se indica na convocatoria, poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas e grandes empresas que proxecten levar a cabo un investimento para a crear un novo establecemento turÃstico en Galicia. Inclúense desde pensións, establecementos de turismo rural, albergues, campings ou restaurantes, cafeterÃas ou bares, entre outras.
Deben ser proxectos tractores con efectos a longo prazo, que contribúan á transición verde, a creación de emprego, a sustentabilidade turÃstica do destino e a posta en valor da enogastronomÃa de Galicia. Ademais deberá ir aparellado da posta en marcha de experiencias enogastronómicas como visitas en orixe que poñan en valor o proceso de creación da materia prima, o seu coidado, recolección, procesado, elaboración, asà como experiencias interactivas de cociña ou showcooking, degustacións e catas.
PRAZO ATA O 16 DE AGOSTO
As empresas interesadas, que teñen ata o 16 de agosto para presentar as súas solicitudes, deberán contar entre os seus produtos principais con, polo menos, un produto que conte con Denominación de Orixe Protexida de Galicia, Indicación Xeográfica Protexida de Galicia, a certificación Viños da Terra, ou que dispoñan do selo de destino Galicia Calidade. Tamén terán que cumprir, polo menos, dúas das seguintes condicións: creación dun mÃnimo de cinco postos de traballo directos, creación de vÃnculos con axentes públicos e privados do territorio ou outros sectores de actividade e contribución á sustentabilidade turÃstica, con novas fórmulas de xestión (uso de produtos de proximidade ou ecolóxicos, implantación de fórmulas de reciclaxe...) ou con programas de actividades ou sensibilización medioambiental.
As axudas sufragarán, entre outras, as obras necesarias para a posta en marcha de novos establecementos que sexan respectuosas coa contorna e que teñan baixo impacto medioambiental, investimento en enerxÃas renovables ou gastos de compra e instalación de aplicación informativas e aplicación móbiles, entre outras.
Os proxectos achegados deberán ascender a un mÃnimo de 200.000 euros de investimento para o conxunto das catro liñas de subvencionabilidade (creación de infraestruturas, contar con sistemas de enerxÃas renovables, proxectos dixitais vinculados á enogastronomÃa e experiencias enogastronómicas).
Plan Territorial de Sustentabilidade EnogastronomÃa de Galicia
Esta liña de subvencións enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia está facendo realidade cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.
En concreto, forma parte do Plan Territorial EnogastronomÃa de Galicia deseñado pola Xunta no horizonte de 2025 con 34,5M€ e que está composto con distintas accións de cohesión en forma de liñas de axuda -unha delas é a aprobada hoxe-, asà como 13 Plans de Sostibilidade TurÃstica en Destino dos que se benefician un total de 80 concellos galegos.