viernes. 22.11.2024

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro con diferentes asociacións da artesanía galega e representantes da Comisión e do Pleno da Artesanía de Galicia, cos que avaliou os retos que enfronta o sector no novo contexto económico.

O conselleiro informounos das diferentes iniciativas que se están a desenvolver para apoiar o sector, que emprega preto de 8.000 persoas na Comunidade. Así, no encontro sinalouse que a Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, está a traballar en diferentes iniciativas para impulsar a comercialización de produtos artesáns, como a posta en marcha de tendas pop-up virtuais.

Ademais, a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca reforzar as diferentes accións de formación e especialización que se desenvolven para os artesáns galegos, tanto a través da Fundación como de outros organismos autonómicos.

Durante o encontro lembrouse que, no marco do Plan de dixitalización de pemes, comerciantes e colectivo autónomo, a Xunta ten aberto ata o 29 de maio o prazo de presentación de solicitudes do programa por 3,8 millóns de euros para impulsar novas fórmulas de comercialización e a modernización do comercio e o sector artesán galego.

Os artesáns galegos traballarán a través de tendas pop-up virtuais