jueves. 21.11.2024

Intelixencia artificial e analítica avanzada ao servizo do Turismo

Colocar a intelixencia artificial e a analítica avanzada ao servizo das persoas así como mellorar a conectividade e implantación das tecnoloxías 4.0 son un dos obxectivos prioritarios marcados pola Axencia de Turismo de Galicia para o seguimento e control da sostenibilidade en destino, favorecendo así que as novas tecnoloxías se convertan no mellor aliado para o desenvolvemento sostible da Comunidade.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nun congreso sobre Datos e Intelixencia Artificial no Sector Turístico en Alcalá de Henares.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nun congreso sobre Datos e Intelixencia Artificial no Sector Turístico en Alcalá de Henares.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, resaltou hoxe a aposta pola profesionalización, a calidade e a excelencia como base do turismo galego, no marco do Congreso de Datos e Intelixencia Artificial no Sector Turístico organizado polo concello de Alcalá de Henares.

Nava Castro participou no Congreso coa ponencia sobre “Tendencias do sector turístico das Comunidades Autónomas” na que puxo en valor a implantación de produtos turísticos diferenciados levados a cabo dende o Goberno galego coa finalidade de aumentar a demanda turística.

Durante a súa intervención, Castro sinalou a importancia da calidade e a excelencia na implantación dos novos recursos turísticos como a base do éxito xa que, debido ás múltiples posibilidades dos turistas á hora de elixir destino, o sector turístico está a ser altamente competitivo.

En relación a isto, destacou que colocar a intelixencia artificial e a analítica avanzada ao servizo das persoas así como mellorar a conectividade e implantación das tecnoloxías 4.0 son un dos obxectivos prioritarios marcados pola Axencia de Turismo de Galicia para o seguimento e control da sostenibilidade en destino, favorecendo así que as novas tecnoloxías se convertan no mellor aliado para o desenvolvemento sostible da Comunidade.

“Galicia está destinada a formar parte do turismo do futuro, no que a innovación, a excelencia e as novas tecnoloxías están chamadas a xogar un papel fundamental” finalizou Nava Castro.

Intelixencia artificial e analítica avanzada ao servizo do Turismo
Comentarios