O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolle entre hoxe e mañá os foros do proxecto “Eurorrexión destino turístico intelixente” (EDIT) liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
No proxecto EDIT participan, ademais, a Axencia Turismo de Galicia, Turismo do Porto e Norte de Portugal, a Universidade do Minho, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a asociación CCG/ZGDV Centro de Computación Gráfica.
Galicia ten en marcha no marco deste proxecto dúas iniciativas de Big Data para coñecer e xestionar os fluxos turísticos e de control e xestión das visitas á Catedral de Santiago
Os foros foron inaugurados esta mañá polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño e contarán coa participación, entre outros, de Tania Iglesias, xefa do proxecto da rede de Destinos Turísticos Intelixentes da Secretaría de Estado de Turismo; Pili Chapela, directora de Retegal, ou Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia.
A segunda sesión será inaugurada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e contará, entre outras, coas intervencións de Alberto Palomo, xefe da Oficina do Dato do Goberno de España; Antonio Rodríguez del Corral, presidente del Clúster TIC de Galicia; así como representantes de organizacións e administracións turísticas de Oporto, Andalucía ou Valencia. O programa completo pódese consultar nesta ligazón.
O proxecto EDIT permitirá a normalización dos datos procedentes de sensores instalados en Galicia e no norte de Portugal
Entre os obxectivos do proxecto EDIT está o de normalizar os datos procedentes de sensores de Galicia e o Norte de Portugal que permitan controlar, analizar perfiles e xestionar os fluxos turísticos. Tamén permitirá a xestión sostible do turismo, xa que permitirá coñecer os momentos nos que un determinado recurso poida estar saturado ou en risco de estalo.
DÚAS ACTUACIÓNS
No marco do proxecto EDIT, a Xunta de Galicia ten en marcha a construción e posta en marcha do sistema de información intelixente de turismo de Galicia, por un importe de cerca de 650.000 euros. O sistema permitirá á Axencia Turismo de Galicia dispoñer de información analítica avanzada, mediante o uso da tecnoloxía BigData, sobre gasto turístico, reservas turísticas, ocupación, mobilidade ou sentimento e opinión de turistas e cidadáns.
Un dos obxectivos da colaboración é a xestión sostible dos recursos turísticos a partir do procesamento dos datos con tecnoloxías intelixentes
Recentemente foi adxudicada tamén, dentro deste mesmo proxecto, a subministración, instalación e posta en marcha dun sistema para o control de aforamentos, fluxos e videovixilancia na Catedral de Santiago de Compostela.