sábado. 23.11.2024

A embaixada de EEUU en Madrid aborda con Galicia a divulgación e a seguridade das rutas xacobeas

Dos máis de 440.000 camiñantes que selaron a súa Compostela en 2023, máis de 32.000 procedían de Estados Unidos, segundo as estatísticas da Oficina do Peregrino. Supoñen máis do 7% e ocupa o segundo posto, só por detrás dos 197.100 de España e liderando o ranking de países que achegan maior volume de peregrinos estranxeiros.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, recibiron a representantes da embaixada do país norteamericano en Madrid para abordar a divulgación e a seguridade das rutas xacobeas.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, recibiron a representantes da embaixada do país norteamericano en Madrid para abordar a divulgación e a seguridade das rutas xacobeas.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, recibiron esta mañá unha representación da sección consular da Embaixada dos Estados Unidos de América en España. No encontro afondouse na seguridade das rutas xacobeas e na súa divulgación no país norteamericano, que o ano pasado situouse no primeiro lugar na clasificación internacional. 

Deste xeito, dos máis de 440.000 camiñantes que selaron a súa Compostela en 2023, máis de 32.000 procedían de Estados Unidos, segundo as estatísticas da Oficina do Peregrino. Supoñen máis do 7% e ocupa o segundo posto, só por detrás dos 197.100 de España e liderando o ranking de países que achegan maior volume de peregrinos estranxeiros. Polo tanto, as cifras amosan a predisposición da cidadanía americana por viaxar e coñecer Galicia. No que vai deste 2024, do total de 7.300 peregrinos, un total de 376 -o 5,11%- son de Estados Unidos.

Na reunión de hoxe, na que participaron o cónsul da Embaixada dos Estados Unidos en España, Rafael Andrade, e a supervisora da Sección de Cidadáns Americanos, Kimberley Wise, abordouse precisamente o auxe da peregrinación a Santiago de Compostela e o traballo da Xunta por garantir a seguridade do Camiño e a atención aos peregrinos. 

Por parte da Xunta, tamén estivo presente o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal. Este corpo de seguridade encargase precisamente da vixilancia das rutas xacobeas e da atención aos peregrinos. De feito, o ano pasado  os axentes da UPA levaron a cabo máis 7.500 actuacións nos distintos camiños para garantir a seguridade dos peregrinos, das que máis de 2.300 corresponden con inspeccións dos distintos camiños.

As patrullas da Policía Autonómica fanse cargo de actuacións en materia de seguridade e protección nos desprazamentos dos peregrinos, así como nos actos institucionais, culturais, sociais, deportivos e nas visitas de autoridades, entre outras, moitas delas en coordinación coas demais forzas e corpos de seguridade.

A embaixada de EEUU en Madrid aborda con Galicia a divulgación e a seguridade das rutas...
Comentarios