viernes. 21.02.2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presentaron onte, na Casa de Galicia de Madrid, a obra "El Camino de Santiago. El libro olvidado de 1965 de Álvaro Cunqueiro", da editorial Alvarellos, impulsada polo Goberno galego para enriquecer a biblioteca sobre temas do Camiño. Ambos puxeron en valor a experiencia e a perspectiva do Camiño de Santiago narrada por un dos grandes da literatura galega, Álvaro Cunqueiro.

Durante a súa intervención, Ramos destacou a importancia de rescatar esta obra, "que caeu no esquecemento despois da súa publicación e que agora, grazas a Alvarellos editora e a Turismo de Galicia, podemos volver ter nas nosas mans".

Xosé Merelles subliñou tamén que a publicación inicial desta obra de Cunqueiro en 1965 foi para divulgar o Camiño de Santiago con motivo da celebración daquel ano santo, efeméride "que reorientou a motivación dos peregrinos" ao sumar, por primeira vez, outras razóns de carácter cultural e turístico. Ademais, aquel ano realizáronse numerosas obras para mellorar o Camiño e os monumentos dos seus arredores e para aloxar aos peregrinos, inaugurándose a primeira infraestrutura de acollida en Santiago para peregrinos.

A reedición deste libro forma parte dos esforzos da Xunta de Galicia para enriquecer a bibliografía sobre o Camiño de Santiago, facilitando así o acceso a textos fundamentais que contribuíron a consolidar a súa importancia na cultura europea.

Cunqueiro volve ao Camiño: reedítase 'El Camino de Santiago' en Madrid
Comentarios