viernes. 22.11.2024

O aserradeiro dos Carranos, no concello de Covelo, foi mellorado así como os seus exteriores

Situado na parroquia de Maceira, o aserradeiro foi construído no ano 1922 sobre os peares dun vello muíño e durante décadas aproveitou a forza do río Vixiáns para traballar a madeira.
O representante autonómico, acompañado polo alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, puido observar o traballo realizado e entrar neste serradoiro centenario.
O representante autonómico, acompañado polo alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, puido observar o traballo realizado e entrar neste serradoiro centenario.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de acondicionamento exterior e mellora do aserradeiro de Os Carranos, no concello de Covelo. Os traballos foron posibles grazas á liña de axudas ATG TU503D - Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, unhas axudas coas que a Xunta busca fomentar e acondicionar atractivos turísticos por todo o territorio galego para que veciños e visitantes poidan gozar deles.

O representante autonómico, acompañado polo alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, puido observar o traballo realizado e entrar neste serradoiro centenario. Situado na parroquia de Maceira, o aserradeiro foi construído no ano 1922 sobre os peares dun vello muíño e durante décadas aproveitou a forza do río Vixiáns para traballar a madeira.

Reguera asegurou sentirse impresionado coa beleza do espazo natural onde se atopa esta construción e co resultado obtido tras a rehabilitación e declarou que “con estas obras a Xunta pon en valor os lugares e espazos que, pese a non ter moita repercusión mediática, gozan dunha historia e dunha beleza dignas de conservar e promover” e continuou, “o turismo é un ben moi prezado para Galicia e debemos facer un esforzo para que todos os concellos logren dar visibilidade aos seus atractivos”.

Cabe destacar que esta axuda afecta a 14 concellos da provincia de Pontevedra e conta cun presuposto total para toda Galicia de tres millóns de euros.

O aserradeiro dos Carranos, no concello de Covelo, foi mellorado así como os seus...
Comentarios