viernes. 22.11.2024

Sionlla Biotech, a puxanza do sector biotecnolóxico

No biopolo da Sionlla investíronse 5 millóns de euros mediante a fórmula da colaboración público-privada, dos que o 80% se encadra no programa de axudas aos Centros de Fabricación Avanzada. A primeira edición desas achegas convocouse no ano 2020, dirixida a pemes e a grandes empresas, coa mobilización de 22,6 millóns de financiamento público-privado que permitiron poñer en marcha actuacións tan importantes como o biopolo da Sionlla, a Cidade das TIC da Coruña ou o Centro de tratamentos térmicos de aceiro do grupo Intaf en Narón. 
O presidente da Xunta visitou en Santiago de Compostela a sede de Sionlla Biotech.
O presidente da Xunta visitou en Santiago de Compostela a sede de Sionlla Biotech.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou o investimento público-privado de 40 millóns de euros no impulso dos centros de fabricación avanzada que melloran a competitividade da industria galega. O mandatario galego visitou hoxe en Santiago de Compostela a sede de Sionlla Biotech, un biopolo que cualificou como o mellor exemplo da puxanza do sector biotecnolóxico galego. 

Nun percorrido no que estivo acompañado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, o titular do Goberno galego puxo en valor unhas instalacións preparadas para acoller as primeiras empresas, que van dispoñer de infraestruturas industriais de uso aberto e compartido, con laboratorios e zonas networking e con espazo para ata 19 firmas do sector. “Estes son os centros do futuro -precisou-, e o noso deber é poñer os medios para que se fagan realidade”. 

A Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico de Galicia 2021-2025 pretende mobilizar 662 M€ de investimento público-privado

No biopolo da Sionlla investíronse 5 millóns de euros mediante a fórmula da colaboración público-privada, dos que o 80% se encadra no programa de axudas aos Centros de Fabricación Avanzada. A primeira edición desas achegas convocouse no ano 2020, dirixida a pemes e a grandes empresas, coa mobilización de 22,6 millóns de financiamento público-privado que permitiron poñer en marcha actuacións tan importantes como o biopolo da Sionlla, a Cidade das TIC da Coruña ou o Centro de tratamentos térmicos de aceiro do grupo Intaf en Narón. 

O ano pasado lanzouse unha nova convocatoria para grandes empresas que está a piques de resolverse e coa que se espera mobilizar ao redor de 11 millóns de euros. E no segundo trimestre deste ano a Xunta ten previsto lanzar novas axudas destinadas a pemes que aspiran a mobilizar 6,7 millóns de euros. En total -recordou o presidente da Xunta-, o investimento público-privado para impulsar os centros de fabricación avanzada acadará os 40 millóns de euros. 

PUXANZA

 O presidente da Xunta recordou que Galicia é a segunda comunidade autónoma que máis empresas biotecnolóxicas crea e que o biopolo da Sionlla é o mellor exemplo da puxanza do sector biotecnolóxico galego e de colaboración público-privada, que se completa con outras iniciativas como a nova planta de produción de Lonza na Plisan ou a que vai desenvolver Kern Pharma en Monforte.

Galicia é a segunda CC. AA. que máis empresas biotecnolóxicas crea e que o biopolo da Sionlla é o mellor exemplo da puxanza desta industria.

 Alfonso Rueda asegurou que Galicia quere sacarlle o máximo rendemento a este ecosistema industrial e que con esa intención se elaborou a Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico de Galicia 2021-2025, que pretende mobilizar 662 millóns de euros para seguir avanzando no número de empresas e de postos de traballo, na facturación relacionada co sector e na estabilización de cada vez máis investigadores do campo das biotecnoloxías.

O presidente da Xunta indicou que é un sector industrial “no que Galicia é pioneiro” que xera “moito valor engadido”, polo que felicitou os promotores do biopolo e das firmas que xa se van instalar na sede de Sionlla Biotech: “Seguiremos acompañando os empresarios porque sodes os que creades riqueza”, recordou Rueda.

Sionlla Biotech, a puxanza do sector biotecnolóxico
Comentarios