jueves. 21.11.2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterou hoxe o compromiso do Goberno galego de apoiar ao sector da automoción para seguir aumentando a súa competitividade e a creación de emprego.

Así o sinalou hoxe durante a súa intervención na clausura da asemblea do Clúster da Automoción e da Mobilidade de Galicia (Ceaga), onde precisou que a automoción é un sector clave para a economía e así se vai tratar desde o Goberno galego, referíndose á distribución dos fondos dispoñibles: “Imos priorizar o que temos en manter estes miles de postos de traballo. Imos axudarlles a ser competitivos neste sector tan global”.

“Non é unha petición política, senón práctica. Aínda estamos a tempo de cambiar o sistema de distribución deses miles de millóns de euros en PERTES industriais que seguen na casa de saída”, sinalou o titular do Executivo galego.

Neste sentido, evidenciou a necesidade de que desde o Goberno nacional cheguen os fondos PERTE para poder levar a cabo todas as axudas prometidas. “Non é unha petición política, senón práctica. Aínda estamos a tempo de cambiar o sistema de distribución deses miles de millóns de euros en PERTES industriais que seguen na casa de saída”, sinalou o titular do Executivo galego.

Ademais, salientou o avance en Galicia nestes últimos anos á hora de impartir a formación necesaria para adaptarse as necesidades do mercado, e a importancia de que se dea da forma máis rápida e flexible posible: “Fomos mellorando en algo tan importante como a formación, para ser capaces de impartila rapidamente, cando se necesita formar a ese persoal para que poida asumir novas maneiras de traballar”.

Por último, tendeu a man a Ceaga para seguir colaborando como ata o de agora, e animoulles a seguir traballando polo ben de Galicia: “Sigan así, movan a economía. Se lles vai ben, a Galicia lle irá ben”.

Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector da automoción
Comentarios