viernes. 22.11.2024

Prioridade para a planta de metanol renovable en Caldas de Reis

As previsións sitúanse na produción dunhas 2.900 toneladas anuais, que, entre outros usos, serán empregadas para a fabricación de diversas colas, resinas e adhesivos. Neste sentido, cómpre destacar tamén que a iniciativa presta especial atención á economía circular, dispondo dunha planta de tratamento que permitirá aproveitar os fluxos de augas residuais reducindo a cantidade de auga bruta empregada no proceso industrial.

O proxecto, denominado ‘Green Umia’, configúrase como unha solución pioneira que permitirá integrar nunha mesma localización a produción e uso industrial de hidróxeno verde, que xunto ao dióxido de carbono dos gases da caldeira de biomasa, permitirán a produción de metanol renovable.
O proxecto, denominado ‘Green Umia’, configúrase como unha solución pioneira que permitirá integrar nunha mesma localización a produción e uso industrial de hidróxeno verde, que xunto ao dióxido de carbono dos gases da caldeira de biomasa, permitirán a produción de metanol renovable.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou hoxe a declaración como iniciativa empresarial prioritaria do proxecto de Iberdrola Clientes para impulsar unha planta de metanol renovable en Caldas de Reis (Pontevedra).  Unha iniciativa na que a compañía investirá arredor de 40 M€ na procura de reducir as importacións galegas de metanol, substituíndoas por unha produción local sostible, ao tempo que dinamiza o tecido industrial local e fomenta a xeración de riqueza e emprego. Ademais, impulsarase a creación de 55 empregos directos, o 46 % será emprego feminino.

“Trátase dunha noticia potente para Caldas de Reis e para toda Galicia”, valorou tras o Consello da Xunta o titular do Executivo galego, quen explicou que para acadar este obxectivo, o proxecto denominado ‘Green Umia’, ofrece “unha solución pioneira” que permitirá empregar o hidróxeno verde para, xunto co dióxido de carbono das caldeiras de biomasa, producir metanol verde, e reducir así a dependencia das importacións.

As previsións sitúanse na produción dunhas 2.900 toneladas anuais, que, entre outros usos, serán empregadas para a fabricación de diversas colas, resinas e adhesivos.

Neste sentido, cómpre destacar tamén que a iniciativa presta especial atención á economía circular, dispondo dunha planta de tratamento que permitirá aproveitar os fluxos de augas residuais reducindo a cantidade de auga bruta empregada no proceso industrial.

Esta declaración -aprobada no Consello da Xunta por petición do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Vicepresidencia Económica- enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa que supón “vantaxes”, segundo salientou o presidente, quen explicou que  “ademais de ter prioridade na tramitación, reducirase a metade os prazos e terá a súa disposición o asesoramento da Oficina Doing Buisness da Xunta para todo o proceso”.

Deste xeito xa son 16 as Iniciativas Empresariais Prioritarias declaradas e lideradas por Cortizo (Padrón), Albo (Salvaterra de Miño), Oviganic (Monforte de Lemos), Sogama (Vilanova de Arousa), Ignacio González Montes (Ribeira), Bionerxías de Lugo e Sarreaus (Ourense), Novafrigsa (Lugo), Agroamb Prodalt (Castro de Rei), Hornos de Lamastelle (Carballo), Armonía Green Galicia (A Coruña), Cafés Candelas (Lugo), Forestal del Atlántico (Mugardos), Bioenergía A Coruña (A Laracha), Valogreene Recinor (As Somozas) e Green Umia (Caldas de Reis).

Neste marco, os investimentos totais programados polas empresas roldan os 760M€ e co compromiso de xerar en torno a 720 postos de traballo. Polo tanto, esta figura busca potenciar novas oportunidades empresariais e laborais en Galicia con máis simplificación administrativa; máis incentivos fiscais ás empresas; e máis facilidades para acceder ao solo empresarial.

A declaración de proxectos empresariais como prioritarios implica tamén a concorrencia de razóns de interese público para tramitar de maneira urxente os procedementos administrativos, así como o seguimento e impulso dos trámites posteriores necesarios por parte da Xunta de Galicia para contribuír á eliminación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial. “Seguimos avanzando en novos modos de produción máis respectuosos co medio ambiente”, finalizou o presidente da Xunta.

Prioridade para a planta de metanol renovable en Caldas de Reis
Comentarios