viernes. 22.11.2024

O Polo de Emprendemento no Porriño xa ten asesorado desde o mes pasado a máis de medio cento de persoas cos seus respectivos proxectos

A Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo,  participou hoxe no acto de inauguración do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño, un dos doce activos en toda a comunidade e dos dous dispoñibles na provincia de Pontevedra.
A Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.

Malia que hoxe foi a inauguración oficial, este Polo xa ten asesorado desde o mes pasado a máis de medio cento de persoas cos seus respectivos proxectos, sendo mulleres o 61%. A estas persoas emprendedoras prestáronselles case un cento de titorías para darlle un pulo aos seus negocios, entre os que dominan as iniciativas relacionadas coa educación, o comercio e a hostalaría.

En canto ao conxunto da Rede, que se puxo en marcha en xullo do ano pasado, atendéronse xa arredor de 900 persoas, coas que se realizaron máis de 2.500 sesións de titorización. Entre os seus negocios, predomina o comercio ou a hostalaría, pero tamén o sector primario.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a “importancia de contar con este recurso no Porriño” xa que que “somos un pobo cunha gran iniciativa emprendedora e cunha mocidade inquieta que precisa de asesoramento e apoio para dar forma e poñer en marcha os seus proxectos”.

Na súa intervención, a conselleira sinalou que o novo Polo do Porriño confirma a aposta da Xunta de Galicia por xerar riqueza pegada ao territorio, cunha “boa práctica recoñecida en Europa para fomentar o emprendemento dunha forma completa, sen límite de tempo e de forma gratuíta”. Tamén puxo en valor que a Rede de Polos xorde para ofrecer un acompañamento continuado das persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que vaian pasando os seus proxectos. A finalidade do goberno autonómico é acadar os 15 centros activos ao remate do ano, para cubrir o cen por cento do territorio galego.

O Polo de Emprendemento e Apoio ao emprego do Porriño pode visitarse na rúa Ramiranes, número 9. 

O Polo de Emprendemento no Porriño xa ten asesorado desde o mes pasado a máis de medio...
Comentarios