Amodo Soluciones é unha empresa galega
especializada no desenvolvemento de software, situada no Parque Tecnolóxico de
Galicia -Tecnópole-. Desenvolveu unha aplicación móbil que permite aos usuarios
coñecer os establecementos máis seguros en relación á COVID-19, a primeira app
destas características en España.
“Localsafe” axuda aos cidadáns a localizar de forma áxil e cómoda os diferentes negocios adheridos no seu contorno e coñecer as súas medidas de seguridade sanitarias. A aplicación xa está dispoñible en App Store e en Play Store de Android. As empresas teñen que rexistrarse previamente na web www.localsafe.es, onde ata o momento se conta xa con preto de 16.000 repartidas por todo o territorio nacional. “A boa acollida débese á necesidade dos establecementos de dar a coñecer os seus esforzos neste ámbito e poder así ofrecer máis seguridade aos seus clientes para volver á actividade normal” -sinala o xerente de Amodo Soluciones, Diego González-.
Ademais,
varias institucións confiaron nesta iniciativa para acoller diferentes “marcas”
de seguridade sanitaria. Nesta liña, Amodo Soluciones chegou a un acordo
con diversas compañías de referencia na seguridade e calidade dos
establecementos.
A empresa
iniciou unha campaña baixo a lema Protexe para protexer. “Moitos
cidadáns senten a necesidade de saír a realizar a súa vida habitual, e gozar da
mesma, sabendo que volverán a casa con total tranquilidade”- indica o xerente
da empresa-.
“A
COVID-19 xerou unha brecha de confianza entre establecementos e usuarios que a
aplicación pretende reducir. Son moitos os esforzos que realizaron diferentes
estamentos da sociedade para mitigar os efectos da pandemia: desde a propia
Administración Pública mediante esixencias legais, pasando por organismos de
certificación, ata as propias empresas que están a mellorar a marchas forzadas todos
os seus establecementos para recibir aos clientes coas mellores medidas de
seguridade. Un dos motivos do éxito da aplicación é a confluencia na mesma dos
esforzos de gran parte da sociedade” -asegura Diego González-.
CLASIFICACIÓNS DE LOCAIS
Mediante a
app os usuarios poderán filtrar os establecementos segundo a actividade
realizada e observar as medidas de seguridade habilitadas en cada un deles
mediante un cómodo sistema de clasificación. A aplicación conta cun buscador de
diferentes tipos de establecementos, un localizador daqueles que dispoñan do
selo “Localsafe” no contorno do usuario, unha descrición de cada un dos locais,
unha valoración realizada polos propios usuarios de cada un deles, xunto a unha
clasificación por niveis de seguridade.
Segundo as diferentes
medidas en elementos de seguridade, os establecementos poderán contar na
aplicación con distintivos “Silver”, “Gold” e “Platinum”. “Todos
os locais distinguidos terán implantadas as medidas mínimas de seguridade que
permitan unha experiencia segura, pero evidentemente algúns deles contan con
medidas especiais que os usuarios deben coñecer, como é o caso dunha
certificación por un organismo externo á empresa que teña verificado a
implantación de protocolos específicos” -explica o xerente da firma-.