O Programa #OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que apoiará o emprendemento en feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través da formación con perspectiva de xénero, o acompañamento individual e colectivo e a conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.
O Programa #OlympeEmprende seleccionará iniciativas de Galicia, unha rexión con moito potencial na economía social e no emprendemento en feminino. #OlympeEmprende vai dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras de Galicia lideradas por mulleres que estean arraigadas no territorio, que practiquen a intercooperación, garanten a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promovan a diversidade na composición e participación e teñan en conta o impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñen ás persoas no centro da súa actividade.
#OlympeEmprende, que ofrecerá a formación, acompañamento individual e colectivo, webinars, tours de emprendemento, sesións de intercooperación e a posibilidade de optar a un premio económico ás mellores iniciativas que permita dar un soporte á constitución de cooperativas no territorio lideradas por mulleres. O programa realizarase de xaneiro a xuño (2023), e valorará que as iniciativas teñan entre os seu obxectivos a consecución dun impacto social (como por exemplo a mellora do benestar do ser humano e a equidade
social).
Pódense presentar iniciativas colectivas que se atopen nuhna fase inicial (ideas de negocio que non se iniciasen e que se atopen nunha fase de desenvolvemento mínima, sen necesidade de que se definise ningún modelo de negocio).
Formación e acompañamento individual e colectivo
Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop auspiciarán e formarán de xeito virtual aqueles proxectos seleccionados explicando o concepto de empresa da economía social e solidaria, modelos de negocio, marketing e comercialización ou fontes de financiación alternativas. E ao mesmo tempo levarase a cabo un acompañamento individual e colectivo de xeito virtual dos proxectos para axudar nas necesidades específicas de cada proxecto emprendedor.
O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre o home e a muller en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 redactou a Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadá. O programa quere ser un compromiso coa igualdade a través de fomentar a creación dun programa que de soporte á creación de novas cooperativas lideradas por mulleres que fomenten a transformación.
#OlympeEmprende forma parte da convocatoria #POISES, promovida por CEPES actúa como Organismo Intermedio do Programa Operativo Empleo, Formación y Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE). Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo FSE para conseguir formación e emprego de calidade.
Bases e condicións de participación
Vías de contacto [email protected] e por teléfono 661 54 90 06