lunes. 29.04.2024

As empresas do mar galegas o ano pasado exportaron aproximadamente 2.800 millóns de euros

O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, polo presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez, e pola alcaldesa deste concello, María Ramallo, visitaron as instalacións da empresa Safricope no peirao pontevedrés, desde onde destacou que as industrias transformadoras de peixes e mariscos da comunidade e os seus máis de trece mil empregados acadaron un novo récord exportador o ano pasado tras superar os 2.787 millóns de euros. 
20240313 conselleiro visita Safricope 3
20240313 conselleiro visita Safricope 3

O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, polo presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez, e pola alcaldesa deste concello, María Ramallo, visitaron as instalacións da empresa Safricope no peirao pontevedrés, desde onde destacou que as industrias transformadoras de peixes e mariscos da comunidade e os seus máis de trece mil empregados acadaron un novo récord exportador o ano pasado tras superar os 2.787 millóns de euros. Segundo os datos oficiais de comercio exterior rexistrados en DataComex son oitenta millóns ou case un 3% máis que os rexistrados en 2022, cando se marcara o último maior rexistro histórico.    

Alfonso Villares acudiu a coñecer as instalacións de Safricope, que foi pioneira en poñer en marcha unha instalación frigorífica na dársena no ano 1969, cando comezou a operar como a Cooperativa do mar da Confraría de Pescadores Santa María do Porto de Marín. Na actualidade está integrada hoxe no Grupo Pesmar, referente pesqueiro que opera a escala mundial, e conta despois dun intenso proceso de modernización cunhas instalacións dotadas coas últimas tecnoloxías.

O titular de Mar enxalzou o traballo realizado tanto por Safricope como polo conxunto do grupo onde se integra, pois constitúen un exemplo á hora de demostrar as sinerxias e vantaxes que se conseguen cando se pecha o ciclo produtivo que vai desde a pesca no mar á mesa do consumidor. Este conglomerado empresarial, que ten como matriz a Pesquerías Marinenses, dispón como armadora dunha frota propia composta por catro barcos arrastreiros conxeladores que faenan en caladoiros do Atlántico Norte e Sur.

Safricope conta cunha marca propia, Safrimar, e distribúe peixes como a pescada, abadexo, salmón, raia, rosada e brótola; mariscos como o mexillón, camarón e ameixa do Pacífico; e cefalópodos como a lura, a pota ou o potón. Na súa visita o conselleiro coñeceu de primeira man a modernización integral do almacén frigorífico realizada pola empresa nos últimos anos, co obxecto de adaptar estas instalacións aos mais altos estándares de conservación e procesos que demandaba o sector. 

Froito esta aposta, Safricope dispón na actualidade dos maiores adiantos tecnolóxicos, como a instalación de andeis móbiles semiautomáticos nas súas principais cámaras quer permiten tempos de acceso extremadamente curtos ás mercadorías almacenadas, autómatas frigoríficos de nova xeración ou control de stock en tempo real con sistemas de radiofrecuencia, entre outros avances. A empresa ven de recibir a finais do 2023 unha axuda de 200.000 euros para instalar un novo e innovador sistema contra incendios. 

A instalación está especialmente deseñada para preservar a conservación dos produtos almacenados en cada unha das 4 cámaras e en óptimas condicións de frío, a fin de garantir a súa calidade e seguridade alimentaria. Ademais, outra vantaxe da que presume Safricope ten que ver coa loxística: o seu almacén frigorífico dispón dunha situación privilexiada, con acceso directo ao porto, conexión a menos de 2 minutos coa AP-9 e rápida conexión cos aeroportos de Vigo e Santiago.

APOIO ADMINISTRACIONS

Alfonso Villares o importantísimo esforzo realizado polas empresas transformadoras para mellorar os seus procesos co fin de ofrecer aos clientes a maior calidade de servizo posible, e volveu a sinalar que é preciso que desde as administración públicas se de un axeitado soporte a esta evolución en busca de xerar maior valor engadido.

Desde a Xunta de Galicia continuarase coa aposta pola industria transformadora e pola promoción dos produtos do mar, totalizando nas distintas liñas de apoio arredor de 68 millóns de euros. Iso despois de que en 2023 se mobilizasen máis de sete millóns de euros para paliar o impacto pola guerra de Ucraína. Contrapuxo estes apoio á falta de respaldo estatal, polo que o conselleiro volveu a pedir ao Estado que apoie dunha vez ao sector transformador de produtos do mar poñendo en marcha xa un Perte dotado con recursos suficientes e cunha rebaixa do IVE que beneficiaría tanto a saúde como á economía.

As empresas do mar galegas o ano pasado exportaron aproximadamente 2.800 millóns de euros
Comentarios