domingo. 24.11.2024

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou na xornada en liña de peche do proxecto europeo Manufactur 4.0, que lidera a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do CIS Tecnoloxía e Deseño e que está financiado a través de fondos Feder do programa Interreg VA España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

O obxectivo deste proxecto é transferir de xeito efectivo as novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custe á industria do sector naval e metalmecánico.

A directora de Gain explicou que esta iniciativa acadou un efecto incentivador da implantación das tecnoloxías 4.0 na industria naval e metalmecánica da Eurorrexión.

Galicia-Norte de Portugal grazas á intensificación das relacións entre os centros tecnolóxicos e as empresas. Concretamente, desenvolvéronse sete proxectos piloto demostradores en dez empresas da Eurorrexión para validar a transferibilidade dos resultados do proxecto cara a industria.

Argerey confirmou que ao longo dos tres anos de execución do proxecto se puideron evidenciar os beneficios da adopción da Fábrica 4.0 no cambio, crecemento e modernización do sector transfronteirizo. Por este motivo, a directora de Gain anunciou que a Xunta de Galicia se compromete a seguir impulsando medidas que aumenten a competitividade do sector, a través do aumento da súa intensidade tecnolóxica, diversificación, especialización e innovación, a través de instrumentos como o programa de Fábrica Intelixente ou os Hubs de Innovación Dixital, que contarán cun orzamento para 2021 de 45 millóns de euros.  

Desenvolvéronse sete proxectos piloto demostradores en dez empresas da Eurorrexión para...