jueves. 21.11.2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e a programación.

A primeira das xornadas terá lugar este luns, 20 de maio, ás 10:30 horas. Trátase do taller telemático “Ciberseguridade, como facer unha contrasinal segura”, no que se afondará na importancia de ter unha contrasinal adecuada para protexer a información. Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D dirixirá este curso.

Pola súa banda o xoves 23 de maio entre as 10.30 e as 13.30 horas terá lugar a acción formativa “Programación con Arduino Módulo II –Parte II”. Manuel Freire será tamén o encargado de continuar este itinerario de formación sobre este sistema.

A Deputación de Pontevedra oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do...
Comentarios