A
concelleira de Emprego e Formación, Vanesa Fernández, e a concelleira de Medio
Ambiente, Rosa Covelo, deron hoxe a benvida aos e ás participantes no curso
Depofroitos ofertado pola Deputación de Pontevedra no Centro de Desenvolvemento
Local (CDL).
Co
obxectivo de revitalizar propiedades abandonadas, impulsar a creación de
plantacións de froitos do bosque ecolóxicos e mellorar a capacitación e a
profesionalización das persoas emprendedoras que viven no rural, o enxeñeiro técnico
agrícola Gerino Ferreirós ofreceu ao alumnado tanto asesoramento para a
plantación destes e doutros froitos como para a súa posterior comercialización.
A
plantación de froitos do bosque pode xerar uns ingresos complementarios para a
economía familiar, ademais de rendabilizar e aproveitar terreos abandonados e
convertilos en produtivos contribuíndo a evitar a propagación dos lumes e a
reducir a pegada de carbono potenciando o consumo de produtos de proximidade,
sinala este enxeñeiro técnico agrícola que salienta a alta participación e o
grande interese amosado.
O
curso continúa agora de xeito on line e personalizado asesorando a cada un e
unha dos participantes na súa andaina tanto como agricultor como emprendedor xa
que o que pretenden estes cursos é fomentar ao emprendedor e apoiar con todo
tipo de ferramentas, formación e información ás persoas que viven no rural.
O
contacto coa terra propicia tamén a inclusión no mundo laboral de persoas en
risco de exclusión, axuda no tratamento de enfermidades mentais e fomenta e
supón unha oportunidade laboral que cada vez máis está nas mans das mulleres.
O
programa é cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa
Operativo Formación e Educación (POEFE) e a Fundación Biodiversidade a través
do Programa EmpleaVerde do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto
Demográfico. Deste xeito, as accións de carácter gratuíto están dirixidas a
conseguir formación e emprego de calidade.