miércoles. 01.01.2025

O Concello de Salvaterra de Miño presentou a aplicación móbil 'rio Minho' realizada mediante o programa europeo Interreg España-Portugal, Visit rio Minho, onde "se busca dinamizar e valorizar todos os recursos patrimoniais, culturais, históricos, turísticos...que teñen en común ambas as marxes do río Miño dunha forma sinxela e unificada, algo que ata o de agora non existía", segundo comunicado do Concello.

Un programa no que participa o Concello de Salvaterra,  nunha aposta clara polo turismo como factor de desenvolvemento económico do noso territorio, segundo manifesta a alcaldesa, unindo esta ferramenta multimedia  ao resto de accións que se están a desenvolver por parte do municipio, como foi a instalación de pantallas dixitais ou o propio proxecto europeo 'Río Miño destino navegable'.

A alcaldesa tamén destacou que nos próximos días o Concello presentará  a nova páxina web de turismo que será unha ferramenta áxil e útil para todos os visitantes que se achegan ao noso municipio.

Visit rio Minho, todo sobre as dúas marxes do río