jueves. 16.05.2024

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de rexistrar na aplicación informática do Ministerio de Universidades a proposta de oferta de prazas de novo ingreso en títulos oficiais de grao e máster para as universidades públicas galegas cara o curso académico 2022/2023, unha oferta que foi consensuada coas vicerreitorías de titulacións e que será oficial unha vez que se ratifique formalmente nas vindeiras semanas pola Conferencia General de Política Universitaria.

O número total de prazas en grao increméntase ata un total de 11.759, un 1,8% más que no actual curso

Como principais novidades, as universidades públicas galegas incorporarán o vindeiro curso tres novos títulos de grao e 10 novos mestrados universitarios. En total ofertaranse 11.759 prazas públicas en titulacións de grao (209 máis ca no actual curso) e 5.162 nas de máster (26 menos ca este ano académico).

NOVAS TITULACIÓNS DE GRAO

No apartado de novos graos públicos, o vindeiro curso comezarán a impartirse dous graos interuniversitarios, o de Intelixencia Artificial entre as Universidades da Coruña, de Santiago e de Vigo, e o de Relacións Internacionais, entre a Universidade da Coruña e Vigo.

Así, no caso do Grao en Intelixencia Artificial ofértanse un total de 150 prazas a razón de 50 no campus de Santiago (USC), 50 no campus de Ourense (UVigo) e outras 50 no campus da Coruña (UDC).

No caso do Grao en Relacións Internacionais, serán 45 prazas en total a razón de 23 no campus de Ourense (UVigo) e 22 no campus de Ferrol (UDC).

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades envía ao Ministerio de Universidades a proposta de prazas para o próximo curso, que foi consensuada coas tres universidades públicas galegas

A maiores tamén se incorpora á oferta o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, que impartirá o novo centro adscrito da USC, o Centro Superior de Hostalería de Galicia, con 75 prazas.

Así mesmo, reveríficase o Grao en Enfermaría da USC, con 150 prazas en Santiago e 83 (13 máis ca o este curso) en Lugo.

MESTRADOS

No que atinxe aos mestrados, o estudantado poderá cursar dez novas titulacións de máster nas universidades do Sistema Público Galego o vindeiro curso.

Trátase do Máster interuniversitario en Intelixencia Artificial que ofertan as tres universidades públicas con 60 prazas en total. Tamén de maneira interuniversitaria, e xunto con outras tres universidades portuguesas, comezará a ofertarse o mestrado universitario en Desafíos das Cidades.

A maiores, a Universidade de Santiago de Compostela engade á súa oferta tres novos títulos: Mestrado en Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais (en colaboración cunha universidade portuguesa), Mestrado en Enxeñaría Ambiental (reverificación sobre unha titulación anterior) e Mestrado en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras.

A Universidade de Vigo incorpora dous novos títulos: o Mestrado en Enxeñaría Biomédica e o Mestrado en Exercicio Terapéutico e Funcional en Fisioterapia.

A Universidade da Coruña incorporará tamén, por primeira vez, tres novos mestrados: Mestrado en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade, Mestrado en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (os dous reverificacións sobre titulacións anteriores) e Mestrado en Métodos en Investigación e Análise social.

A oferta das universidades públicas galegas para o curso 2022/23 incorpora tres novos...
Comentarios