viernes. 22.11.2024

As bolsas e axudas ao transporte, aloxamento e conciliación para facilitar a asistencia aos cursos de formación para persoas desempregada convocáronse hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). A Consellería de Emprego e Igualdade inviste sete millóns de euros nestes apoios que se poden solicitar unha vez comece a acción formativa e no prazo máximo dun mes.

O programa incorpora importantes novidades, xa que se amplía ás familias numerosas e monoparentais e por primeira vez concederanse apoios ao aloxamento e á manutención de 50 euros ao día si a distancia supera os 100 quilómetros por hora ou no caso de que os desprazamentos non se poidan efectuar porque así non o permita a rede de transportes existente.

En concreto, ademais destes dous supostos, a actuación da Consellería de Emprego e Igualdade inclúe: unha bolsa de asistencia de nove euros ao día para o alumnado con discapacidade dun grao igual ou superior ao 33% e para aqueles desempregados que participen nun itinerario personalizado de inserción (IPI), ademais dos alumnos e alumnas que sean membros dunha familia numerosa ou monoparental; axudas ao transporte público por unha contía de 1,5 euros ao día; ao transporte público interurbano cun apoio de sete euros ao día; e ao transporte en vehículo propio por unha contía de 0,19 euros por quilómetro e día de asistencia. Tamén concederanse apoios á conciliación cunha contía igual ao 75% do IPREM diario vixente nese momento para as persoas que estean ao coidado de fillos e/ou fillas, menores de 12 anos acollidos ou familiares dependentes ata o segundo grao.

A convocatoria, así mesmo, conta con xudas para mulleres vítimas de violencia de xénero de 10 euros ao día; e á manutención de 12 euros ao día si a distancia supera os 20 quilómetros. O obxectivo desta acción e facilitar a asistencia aos cursos do alumnado e, polo tanto, a mellora da empregabilidade dos galegos e galegos e a súa cualificación polo que se favorece a creación de emprego de calidade. Na convocatoria anterior, 2020/2021, beneficiáronse destas bolsas e axudas máis de 2.100 persoas sen emprego.

A formación para o emprego é unha gran aposta da Xunta de Galicia e, por iso, incrementou para 2022 o orzamento destinado a este fin en preto dun 50%. O Goberno galego busca coa formación para o emprego incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas e dar resposta á necesidade das empresas de contar con traballadores cualificados adaptando a formación dos traballadores ás súas necesidades.

Axudas ao transporte, aloxamento e conciliación para facilitar a asistencia á formación...