jueves. 21.11.2024

A Xunta de Galicia abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde mañá, 2 de marzo ata o vindeiro 30 de abril, segundo recolle a resolución da Dirección Xeral da Función Pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) do venres.

Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en escolas infantís, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou en institutos politécnicos.

O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 32. Delas, 18 listas son para traballar como funcionario interino e outras 14 para traballar como contratado laboral. É importante subliñar que o feito de estar inscrito nas listas de emprego temporal da Xunta de Galicia para realizar substitucións temporais é unha forma de acadar méritos á hora de participar nun proceso selectivo e, polo tanto, incrementa as posibilidades de lograr un posto de traballo fixo na Administración.

No caso das listas que permanezan pechadas, as persoas interesadas que superaran algunha proba do último proceso selectivo ou prestaran servizos na Xunta para a lista correspondente a unha categoría, corpo, escala ou especialidade, poden presentar a solicitude de inclusión neste período.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse nestas listas de emprego temporal poderán realizar a inscrición a través da web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado ‘Listas de Contratación’. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é preciso que se anoten de novo.

O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto. A orde na que figurarán as persoas inscritas dependerá dos méritos que reúnan, de acordo cun baremo que figura na convocatoria.

Entre as listas abertas están as de veterinarios, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, titulado/a superior médico/a, enfermeiro/a, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, educador/a ou xefe/a de cociña.

ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS

Ao mesmo tempo, o DOG tamén publicou o venres a actualización provisional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego da Administración galega. Desde mañá ábrese o prazo de dez días hábiles para que os interesados poidan presentar reclamacións e achegar a documentación xustificativa.

Tanto o estado -aberto ou pechado- para a incorporación de novas solicitudes no que se atope cada lista, como o procedemento a seguir para inscribirse nelas, así como as puntuacións das persoas integrantes das listas consecuencia da actualización de méritos, poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, no apartado de ‘Listas de contratación’.

CORPOS, ESCALAS E ESPECIALIDADES (PERSOAL FUNCIONARIO)

GRUPOCORPO/ESCALADENOMINACION
A12067Escala de veterinarios
A12093-01Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima
A12093-02Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola
A12093-03Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima
A12093-04Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima / bioloxía pesqueira.
A12093-05Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
A12093-06Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica
A12093-07Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas
A12093-08Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións
A12093-09Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
A12093-10Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios
A12093-11Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral
A22094-01Escala de mestres de taller de Institutos Politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo
A22094-02Escala de mestres de taller de Institutos Politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción
A22094-03Escala de mestres de taller de Institutos Politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque
C1207C-02Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.
C1206REscala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón.
C1206SEscala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico.

GRUPOS E CATEGORÍAS (PERSOAL LABORAL)

GRUPOCATEGORÍADENOMINACIÓN
I002Titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI. Médico/a adxunto/a. Médico/a
II002ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE
II006Educador/a. Profesor/a especial
II011Fisioterapeuta
II020Terapeuta ocupacional
III004Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro. Roupeiro. Ferro de pasar
III006Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios
III014Xefe/a de cociña
III065Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª
III069Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira
III078Subgobernante/a
IV003Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermaría. Coidador/a xeriátrico. Coidador/a
IV005Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª
IV006Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

A Xunta abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar...