O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, asiste esta fin de semana en Braga a dúas das actividades programadas no marco da X edición do Festival Cultural Converxencias Portugal-Galicia, celebrado entre o 3 de febreiro e o 9 de marzo entre varias cidades das dúas beiras do Miño coa colaboración da Xunta de Galicia.
Dunha banda, o representante da ConsellerÃa de Cultura, Educación, FP e Universidades asiste hoxe á representación da obra teatral Un médico na aldea, interpretada pola Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada e Tequexetéldere. Esta comedia dramática en lingua galega é un recoñecemento que o Concello da Estrada e a Fundación Cultural deste concello lle renden ao médico e polÃtico Manuel Reimóndez Portela, autor do libro en que se basea a peza teatral, co gallo do trixésimo aniversario do seu pasamento.
O domingo, o titular de PolÃtica LingüÃstica asistirá ao concerto do cantautor berciano Amancio Prada, que actuará no Teatro Circo de Braga acompañado da Orquestra Filharmónica de Braga, o grupo portugués Canto D´Aquà e Coro do Pais, do Conservatorio Gulbenkian, tamén de Braga, no que será un tributo a Zeca Afonso e RosalÃa de Castro.
O obxectivo deste festival, que programa cada ano unha serie de actividades culturais arredor do 23 de febreiro, data de nacemento de RosalÃa de Castro e de pasamento do cantautor portugués Zeca Afonso, é estreitar os lazos lingüÃsticos e culturais que unen Galicia e Portugal no marco do desenvolvemento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, coñecida como Lei ValentÃn Paz-Andrade.