viernes. 22.11.2024

Viñetas desde o Atlántico 2023

Máis de 30 autoras e autores de referencia do mundo da banda deseñada asinarán os seus libros en Viñetas desde o Atlántico 2023. Deste xeito, esta 26º edición do festival internacional do cómic da cidade da Coruña contará coas súas xa tradicionais sinaturas na Rúa da BD, programadas polas editoras e librarías presentes na feira. Ademais, as autoras e os autores das exposicións que conforman o cartel este 2023 asinarán as súas obras durante o transcurso do festival. 
VANESSA RÁBADE.
VANESSA RÁBADE.

Máis de 30 autoras e autores de referencia do mundo da banda deseñada asinarán os seus libros en Viñetas desde o Atlántico 2023. Deste xeito, esta 26º edición do festival internacional do cómic da cidade da Coruña contará coas súas xa tradicionais sinaturas na Rúa da BD, programadas polas editoras e librarías presentes na feira. Ademais, as autoras e os autores das exposicións que conforman o cartel este 2023 asinarán as súas obras durante o transcurso do festival.

VANESSA RÁBADE.
VANESSA RÁBADE.

Entre as autorías presentes nas firmas cítanse nomes como os de Laura Pérez Vernetti, Isa Feu, Marta Guerrero, Marika Vila, Elisa McCausland, Teresa Radice, Stefano Turconi, David Rubín, Emma Ríos, Xulia Vicente, Paula Cheshire, Santy Gutiérrez, Manel Cráneo e Brais Fierro, entre moitos outros. A axenda completa de sinaturas pódese consultar na páxina web www.vinetasdesdeoatlantico.com.  

FIGURAS DE CÓMIC A TAMAÑO REAL

A Coruña amenceu esta mañá coas emblemáticas figuras do festival xa colocadas nos Xardíns de Méndez Núñez e no Kiosco Alfonso. Ao longo desta xornada quedarán todas instaladas nos seus espazos habituais, cunha novidade este ano: en homenaxe a Francisco Ibáñez, as figuras de Mortadelo e Filemón situaranse na entrada do Kiosco Alfonso, o centro neurálxico da celebración do festival. Entre estas personaxes de historieta a tamaño real, xa míticas da cidade da Coruña, non faltan nomes como Batman, Pitufina, Capitán Trueno, Torpedo, Joker, Spider-Man, Corto Maltés, Súper López ou Tintín, entre outras.

SINATURAS AUTORÍAS CONVIDADAS VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2023

Martes 8 de agosto

12.00h - Laura Pérez Vernetti e Isa Feu - Kiosco Alfonso

18.00h - Marta Guerrero, Marika Vila e Elisa McCausland - Kiosco Alfonso

Mércores 9 de agosto

11.30h - Laura Pérez Vernetti - Kiosco Alfonso

19.00h - Teresa Radice e Stefano Turconi - Sala de Exposicións do Palacio Municipal

21.00h - David Rubín - Teatro Colón

SINATURAS RÚA DA BD

Luns 7 de agosto

18.00h - Jorge Campos - Anaya

18.00h - Paula Cheshire - Fandogamia

Martes 8 de agosto

18.30h - Inacio e Iván Suárez - Demo Editorial

20.00h - Anémona de Río e José Malvárez Carleos - Anaya

Mércores 9 de agosto

17.30h - Teresa Radice e Stefano Turconi - Nuevo Nueve

18.30h - David Rubín - Demo Editorial

20.00h - Ramón D. Veiga – Anaya

Xoves 10 de agosto

12.30h - David Rubín - Astiberri Ediciones

17.00h - Antonio Seijas - Alita Cómics

18.00h - Eli García - Libraría Paz

19.00h - Xulia Vicente - Alita Cómics

19.30h - Emma Ríos - Astiberri Ediciones

19.30h - David Rubín - Demo Editorial

Venres 11 de agosto

18.00h - Ánxel Carramal - Anaya

18.30h - Manel Cráneo e Brais Fierro - Demo Editorial

19.00h - María Brenn - Libraría Paz

19.00h - Óscar Losada e Xulia Pisón - Alita Cómics

19.30h - Santy Gutiérrez - Demo Editorial

E, tamén: César Sebastián – Metrópolis Cómics A Coruña

Sábado 12 de agosto

12.30h - Martín Romero - Astiberri Ediciones 

12.30h - Paula Cheshire - Libraría Paz

18.00h - Paula Cheshire - Fandogamia

18.30h - Manel Cráneo e Brais Fierro - Demo Editorial

19.00h - Miguel Fernández - Libraría Paz

19.00h - Alberto Varela - Anaya

19.30h - Santy Gutiérrez - Demo Editorial

Domingo 13 de agosto

12.30h - Alberto Vázquez - Astiberri Ediciones

E, ademais:

Do luns 7 ao domingo 13 de agosto

Javier Monja Potente e Frank Peñas Arias – T-Raptor Editorial

Viñetas desde o Atlántico 2023
Comentarios