domingo. 24.11.2024

O VIII Premio Fegatea á Animación Teatral recoñece o traballo do Centro Dramático Galego

O Centro Dramático Galego recibiu hoxe o VII Premio Fegatea á Animación Teatral, un galardón entregado durante a celebración do 24 aniversario da Federación Galega de Teatro Afeccionado que se celebrou en Mondariz coa participación do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. 
A unidade teatral da Xunta foi galardoada durante a celebración do 24 aniversario da Federación, á que asiste o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Na cita, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebrou o recoñecemento á unidade teatral da Xunta ao tempo que puxo en valor a importancia do teatro amador e o compromiso do Goberno galego con este “eido fundamental da cultura galega”. 

Por outra banda, durante o acto, que contou con 16 pezas de microteatro representadas por profesionais de toda Galicia, o director xeral de Cultura lembrou o impulso feito polo Goberno galego á programación cultural coa posta en marcha da campaña CulturON, que este verán ofrece unha trintena de actividades diarias en toda Galicia, cun especial protagonismo das artes escénicas. 

Comentarios