viernes. 22.11.2024

Violeta Beck, parella de Jorge Segovia, mantivo contacto a través do teléfono con Xavier Romero, Presidente de Évame Oroza, nos primeiros días do ano, cando souberon do pasamento do vate Carlos Oroza.

Durante os anos setenta ámbolos dous, mantiveron unha grande amizade co poeta maldito, que dicía Francisco Umbral, un encontro que deu lugar á gravacións de poemas en magnetófono nas que Oroza recita e Segovia pon música e a produción, participando igualmente amigas do círculo madrileño, un traballo con gran calidade de son e dixitalizadas  pola Asociación Évame Oroza, situada na Subida á Costa, numero 5, no Casco Vello da cidade olívica, ou mesmo dicir na coñecida  "Casa da Collona".

IMG20241025175659

Carlos  Oroza finou o 21 de novembro de 2015 en Vigo, a onde chegara a mediados da década dos setenta, desde a capital de España, pois sendo moi xove deixou atrás o seu Viveiro natal, en terras de Lugo, para integrarse na vida bohemia, fundamentalmente no Café Gijón, onde foi bautizado por Francisco Umbral "poeta maldito", tempo no que desenvolveu a súa faceta creativa, creando un estilo oral que o situou como unha figura clave e formando parte activa, recibindo numerosos recoñecementos.

Logo chegaría a Vigo para facer o propio na rúa do Principe, onde agora están escritos en baldosas fragmentos da súa poesía.

Esta tarde, Évame Oroza presenta as gravacións de seis poemas inéditos , procedente do material que gardaba o músico madrileño, que tampouco está.

Un agasallo de Violeta Beck, ás 20.00 horas na sede, Subida á Costa 5, no Casco Vello Alto de Vigo.

Seis Poemas inéditos de Carlos Oroza, un agasallo de Violeta  Beck na Asociación Évame
Comentarios