Despois de cinco días de cine para todos os públicos o VII Festival de Cine Inclusivochega ao seu fin. O festival englobou 47 proxeccións didividas en diferentes sesións, todas ellas de acceso libre e moitas subtituladas e audioescritas para favorecer que todas as persoas poidan gozar do sétimo arte. O público encheu as sesións de hoxe no Museo Marco e no Auditorio do Concello, nas que puidemos gozar dunha sesión de animación
para a cativada, unha mostra pola igualdade e como colofón a sesión de curtas de ficción.
Ao finalizar as proxección tivo lugar a gala de clausura e entraga dos premios no Auditorio do Concello. ‘A diente de perro’ de José Luis Estañ álzase co premio ao mellor filme de ficción, o xurado destacou o traballo de realización e montaxe do filme así como a creación duns personaxes estimulantes.
No apartado de longas documentais, a gañadora é ‘La palabra maldita’ de Javier Álvarez Solís “por tratar un tema tabú como o do sucidio para que sexa entendido socialmente”; aínda que nesta categoría o xurado quixo tamén facer unha mención especial ao documental vigués ‘Alborada’, realizado polo 40 aniversario da asociación.
A galega Diana Toucedo recibe o premio a mellor curta documental ‘Tatuados nos ollos levamos no pouso’, no que retrata o traballo das mariscadoras. No apartado de ficción o xurado otorgou o galardón a ´Sorda’ pola súa
orixinalidade, e ‘36’ consegue mención especial por “consiguir facernos ver que os prexuizos poden dominarnos”.
O premio CREA á mellor dirección foi para Santiago Requejo que na súa curtametraxe ‘Votamos’ “conseguiu coordinar aos actores nun traballo coral sen estridencias”. Por último, no concurso online de webseries os
internatutas decidiron que ‘Spiderman e eu’ de Manuel Villar Paniagua leve o primeiro premio cun 57% dos votos recibidos.
A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o VI Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte. O festival non sería posible sen o patrocinio e colaboración de diferentes Administracións e entidades privadas.
Listado de premios
-WEBSERIE. Manuel Villar Paniagua. ‘Spiderman e eu’.
-CURTA DE FICCIÓN. ‘Sorda’. Mención especial: ‘36’.
-CURTA DOCUMENTAL. ‘Tatuados nos ollos levamos o pouso’.
-LONGAMETRAXE DOCUMENTAL.‘La palabra maldita’. Mención especial: ‘Alborada’.
-LONGAMETRAXE DE FICCIÓN: ‘A diente de perro’.
-PREMIO CREA Á DIRECCIÓN: ‘Votamos’
Premio do público: 'A entrevista' de Fernando Tato
OBRAS PREMIAAS
- Tatuados nos ollos levan o pouso (2022) de Diana Toucedo. 25 min
As mariscadoras dun pequeno pobo ao sur de Galicia afánanse cada día de marea por sementar, cavar e coidar o limiar entre a auga do mar e a area. Unha nova conciencia colectiva emerxe nelas, intuíndo así que non soamente realizan un traballo artesanal senón que son unha rede de afectos que transforma o mundo que habitan.
- Sorda (2021) de Nuria Muñoz e Eva Libertad. 18 min
Ángela é xorda e Darío oínte. Son parella e teñen seis galiñas, catro cadelas, unha horta e moitos problemas de comunicación. Agora tamén van ter un fillo.
- Votamos (2021) de Santiago Requejo. 14 min
O que comeza como unha xunta ordinaria de veciños para votar o cambio de ascensor, acaba converténdose nun inesperado debate sobre os límites da convivencia.
- Spiderman e eu de Manuel Villar Paniagua
Un docente de primaria comparte a súa forma de entender o Trastorno de Espectro Autista para poder visibilizar e concienciar ás persoas sobre esta condición.
- La palabra maldita (2021) de Javier Álvarez Solís. 80 min.
Carmen, Dolors e Alba son tres mulleres unidas por un obxectivo común: romper o silencio imposto sobre o suicidio. Un mal que castiga a nosa sociedade onde máis nos doe, nos mozos e os maiores, nos desesperanzados, nos que quedan. Unha ameaza real pero negada, que provoca a morte de 10 persoas ao día de media en España, á que as protagonistas se enfrontan desde os seus propios universos: a política, a educación e a arte.
- A diente de perro (2021) de José Luis Estaño. 75 min
Tras unha atípica xornada laboral como mozo de almacén, Darío Manzano, un trintaneiro en crise e sen rumbo, vese inmerso nunha trama que fará cambiar radicalmente a súa vida e a da súa familia.