12 de febrero de 2025, 17:37
O prazo para o envío de orixinais para participar na IV edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia remata o 15 de abril. Os orixinais, cun máximo de 30.000 caracteres, deben enviarse en formato dixital ao enderezo electrónico [email protected]. Este premio conta co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
A Fundación Neira Vilas, organizadora do certame, entregará o premio o 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. O obxectivo principal deste premio é promover e impulsar a creación de textos dramáticos para nenas e nenos en lingua galega.
O premio está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra gañadora, que correrá a cargo de Edicións Embora.