jueves. 21.11.2024

Arte e poesía explícita en Ourense. É unha noite de poesía, unha noite de arte sen complexos, unha noite de poesía de portas abertas, de luz e tamén de xogos de sombras chineses. Cada poeta un planeta e cada poema unha entrada ao seu mundo. "Unha noite de poesía nun teatro marabilloso, convertida nunha galaxia de mundos, de poesía para ser habitada" di nun comunicado.

"Nesta terceira edición, sobre todo, seguimos apostando polo talento da cidade e mesturado; a poesía máis lírica coa poesía en verso libre Tamén mesturamos estilos musicais dende electrónicos a máis acústicos. 'Imos ter máis que palabras' é unha noite de arte poética, para todos os públicos, un xeito de abordar a POESÍA dende todos os puntos posibles, lonxe do elitismo e das regras estritas

'Imos ter máis que palabras', unha noite de arte poética
Comentarios