jueves. 21.11.2024

A Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) organiza a cerimonia de entrega dos Premios Mulleres Femupo 2024, un evento destinado a recoñecer e visibilizar o traballo a favor da igualdade de xénero.este sábado, as 21.00 horas, en Bizarro no Club Naval de Pontevedra.

Estes premios destacan a contribución significativa de individuos e entidades en distintos ámbitos, rompendo estereotipos de xénero e promovendo a igualdade na provincia de Pontevedra. 
As galardoadas deste ano nos diferentes ámbitos son:
     🟣 Ámbito Empresarial: Forestalis, polo seu compromiso co empoderamento feminino.
     🟣 Ámbito Deportivo: Club Ciclista Farto, polo seu labor na promoción do deporte feminino.
     🟣 Ámbito da Administración: CIM Marín, polo seu incansable traballo no apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
     🟣 Ámbito Cultural: Estudo Bonobo, pola súa aposta na cultura como medio para a igualdade de xénero.

A cerimonia contará coa presenza das galardoadas, representantes de FEMUPO, membros destacados da comunidade e medios de comunicación, nunha noite dedicada a celebrar os logros na loita pola igualdade.

Forestalis, Club Ciclista Farto, CIM Marín e Estudio Bonobo, premios mulleres Femupo
Comentarios