jueves. 28.11.2024

O festival Sonrías Baixas

SonRías Baixas dividirá en tres xornadas o seu programa, que inclúe unha cifra significativa de mulleres para continuar un ano máis coa súa decidida aposta para fomentar unha industria musical igualitaria en Galicia. Así, o festival abrirá na noite do xoves 4 de agosto cos concertos de Delaporte, Sofía Gabanna, JazzWoman e Cool Nenas, que subirán ao escenario nun día en que tamén actuarán o rapeiro Rels B e Maurino.
Esta cita musical que ofrecerá entre o 4 e o 6 de agosto un cartel cunha vintena de destacados nomes do panorama musical actual.
Esta cita musical que ofrecerá entre o 4 e o 6 de agosto un cartel cunha vintena de destacados nomes do panorama musical actual.

SonRías Baixas de Bueu recupera neste 2022 o seu gran formato e ofreceralle ao público entre o 4 e o 6 de agosto un cartel cunha vintena de nomes destacados do panorama musical actual, para o que conta co apoio da Xunta a través da marca FEST Galicia e das súas axudas á organización de eventos musicais. O festival, promovido pola produtora PlayPlan, é un dos 21 beneficiarios desta liña de subvencións á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina este ano 350.000 euros para apoiar encontros musicais de carácter profesional considerados estratéxicos.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación do SonRías Baixas, que tivo lugar no peirao da praia de Beluso, xunto aos directores do festival, Jordi Lauren e Berta Domínguez, e representantes doutras institucións patrocinadores. Sutil destacou na súa intervención a riqueza e a potencia dun programa que encaixa á perfección cos principios que transmite FEST Galicia, marca de calidade coa que o Goberno galego exporta a nosa Comunidade como un lugar de referencia no ámbito musical a través de festivais que, ademais de transmitir unha imaxe profesional, achéganlle unha serie de atractivos engadidos á experiencia musical.

TRES NOITES DE CONCERTOS

SonRías Baixas dividirá en tres xornadas o seu programa, que inclúe unha cifra significativa de mulleres para continuar un ano máis coa súa decidida aposta para fomentar unha industria musical igualitaria en Galicia. Así, o festival abrirá na noite do xoves 4 de agosto cos concertos de Delaporte, Sofía Gabanna, JazzWoman e Cool Nenas, que subirán ao escenario nun día en que tamén actuarán o rapeiro Rels B e Maurino.

Tras un primeiro día centrado nos ritmos urbanos e en grupos emerxentes, continuará o venres 5 co seu habitual espírito festivo grazas ao regreso de Kase.O —que volve a Bueu no marco da xira do 10º aniversario de Jazz Magnetism— e os concertos que ofrecerán Rayden, Ciudad Jara, Buhos, Bala e Emlan. O cartel desta segunda xornada inclúe a García MC & Nación Quilombo, o proxecto actual dos dos grandes referentes do hip-hop galego.

Ao día seguinte, Tanxugueiras serán as grandes protagonistas do peche da edición deste ano. O trío formado por Aida Tarrío e as irmás Sabela e Olaia Maneiro estará acompañado por La M.O.D.A., que presentará o seu traballo Nuevo cancionero burgalés; Arnau Griso, que dará o seu concerto de despedida co público galego, e  Sara Hebe, que terá en Bueu a súa única parada en Galicia deste ano. Eskorzo, Balkan Paradise Orchestra e Suu serán os outros tres nomes reservados para a derradeira noite do festival.

As sesións de Grande Amore e La Duendeneta completarán o cartel de SonRías Baixas, cuxos abonos a prezo reducido e as entradas para cada unha das xornadas están a venda xa a través do seu portal web (www.sonriasbaixas.info). Coa compra do abono para os tres días inclúese de forma gratuíta a zona de acampada, á que se accederá pola rúa Pazos Fontenla e que disporá de todos os servizos básicos para garantir a comodidade do público.

O festival Sonrías Baixas
Comentarios