viernes. 22.11.2024

O estadounidense Jacob Rogers gaña a terceira edición do programa de residencias literarias para tradutores

Jacob Robers é un dos máis tradutores do galego ao inglés máis destacados dos últimos anos e conta con gran experiencia. Ao abeiro da Residencia Literaria da Xunta traducirá ao inglés a obra Illa decepción coa que Berta Dávila gañou o XIV Premio de Narrativa Breve Repsol 2020, e Ninguén queda, o debut literario do vilalbés Brais Lamela, Ninguén queda. Desenvolverá os seus proxectos de tradución destas dúas obras o vindeiro mes de marzo en Galicia.
O tradutor estadounidense Jacob Rogers.
O tradutor estadounidense Jacob Rogers.

O tradutor estadounidense Jacob Rogers vén de ser recoñecido como gañador da terceira edición do programa de residencias literarias para tradutores posto en marcha pola Xunta. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades resolve a Bolsa Residencia Xacobeo para contribuír á proxección exterior das nosas letras e o intercambio cultural

Jacob Robers é un dos máis tradutores do galego ao inglés máis destacados dos últimos anos e conta con gran experiencia. Ao abeiro da Residencia Literaria da Xunta traducirá ao inglés a obra Illa decepción coa que Berta Dávila gañou o XIV Premio de Narrativa Breve Repsol 2020, e Ninguén queda, o debut literario do vilalbés Brais Lamela, Ninguén queda. Desenvolverá os seus proxectos de tradución destas dúas obras o vindeiro mes de marzo en Galicia.

Facilítaselle a estadía na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX no casco histórico coruñés que combina residencia con centro de xestión cultural. Poderá achegarlle o proceso de creación ao público, porque terá a oportunidade de ofrecer un encontro público de mostra do seu traballo durante o tempo de residencia.

 “Oportunidades como esta” –afirma Jacob Rogers– “facilítanos aos tradutores os recursos para producir as traducións necesarias para espallar a literatura e cultura galegas máis alá das fronteiras da comunidade, e de España, para que un público mundial aprenda sobre Galicia e a súa lingua”. “Residencias como esta son un apoio que nos fai máis leve ese arduo camiño que emprendemos por amor á tradución, e no meu caso, pola literatura, cultura, e lingua galega”, afirma.

AMPLA EXPERIENCIA

Formado na Universidade de Carolina do Norte e máis tarde en Santiago de Compostela en cursos intensivos de galego do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago, entre os seus traballos destacan ás súas traducións en revistas especializadas norteamericanas de contos e poemas de autores como Xurxo Borrazás, Begoña Paz, Xavier Queipo, María do Cebreiro ou Alba Cid. Pola tradución dun poema de Alba Cid acadou o premio de poesía traducida de Words Without Borders e a Academy of American Poets.

En 2020, a súa tradución da novela Extraordinario de Antón Lopo mereceu a Bolsa PEN America de Tradución. O tradutor, que tamén verteu para o inglés a novela Ilustrísima de Carlos Casares e volveu á actualidade mediática nestes últimos días, en que The New York Times escollía O último día de Terranova de Manuel Rivas coma un dos 100 mellores libros do ano, grazas precisamente á tradución ao inglés de Jacob Rogers.

Impulsada desde 2021, esta Residencia Xacobeo enmárcase na batería de accións que ten en marcha a Xunta de Galicia para impulsar a internacionalización da nosa cultura.

O estadounidense Jacob Rogers gaña a terceira edición do programa de residencias...
Comentarios