jueves. 21.11.2024

Convocado o V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

Poden participar as persoas maiores de idade que presenten textos inéditos escritos en galego en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea. As propostas serán de tema libre e deben ter carácter divulgativo, cunha extensión de entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos espazos. Debe entregarse de xeito anónimo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, unicamente co título ou lema na portada. O prazo de presentación finaliza o 30 de setembro.

 

 

 

A Xunta ven de abrir o prazo de presentación de traballos ao V Premio CGAC de investigación e ensaio, convocado polo Centro Galego de Arte Contemporánea co obxectivo de contribuír á produción de pensamento arredor das expresións artísticas actuais. O Diario Oficial de Galicia publica as bases da convocatoria, que establece un premio único de 3000 euros.

Poden participar as persoas maiores de idade que presenten textos inéditos escritos en galego en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea. As propostas serán de tema libre e deben ter carácter divulgativo, cunha extensión de entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos espazos. Debe entregarse de xeito anónimo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, unicamente co título ou lema na portada. O prazo de presentación finaliza o 30 de setembro.

O xurado, composto pola dirección do CGAC e tres personalidades de recoñecido prestixio do medio artístico-literario, terá en conta nos seus criterios de valoración a orixinalidade do enfoque e elementos de innovación e creación, a singularidade da perspectiva histórica ou metodolóxica, e a calidade literaria do texto. O premio poderá quedar deserto. A resolución darase a coñecer nun prazo de dous meses a partir do día seguinte ao peche da presentación de solicitudes.

A iniciativa enmárcase no labor editorial desenvolvido polo Centro Galego de Arte Contemporánea a prol do coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións, así como da comunicación social das artes plásticas.

ENSAIO

O Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea creouse en 2018 co obxectivo de promover a creación ensaística en lingua galega no ámbito das artes e a cultura contemporánea. Os textos premiados forman a nova colección CGAC Ensaio, na que xa se editaron os primeiros traballos galardoados; A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria, do ourensán Rosendo Cid, e Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea, da viguesa María Marco Covelo.

Na edición 2020, o recoñecemento foi para a historiadora da arte e investigadora Laura Calvo Gens, do concello coruñés de Rois, polo ensaio Memoria do azul. A afección monocroma do contemporáneo. Pola súa banda, o investigador pontevedrés Matías G. Rodríguez-Mouriño resultou gañador en 2021 do IV Premio CGAC de investigación e ensaio polo orixinal O menor: procesos a-significantes na arte contemporánea.

Convocado o V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea