martes. 26.11.2024

'Conversas con arte' recibe a Gervasio Sánchez: unha viaxe pola historia a través do seu obxectivo

O ciclo 'Conversas con arte' de Rafa Domínguez pon en valor aos artistas galegos e as súas obras, achegando figuras como Gervasio Sánchez á provincia. Hoxe, no Salón de Plenos da Deputación, o fotoxornalista compartirá a súa traxectoria e experiencias en conflitos armados.
Pontevedra somérxese no mundo de Gervasio Sánchez: historias de guerra e compromiso.
Pontevedra somérxese no mundo de Gervasio Sánchez: historias de guerra e compromiso.

"Conversas con arte" é unha aposta persoal de Rafa Dominguez que ten como motivación , difundir as diferentes manifestacións artisticas que xurdiron e xorden, tanto na provinca como  no conxunto de Galicia, poñendo e valor os artistas vencellados a diferentes movementos, que naceron ou mesmo teñen relación coa provincia.Xosé María Barreiro, artista de Forcarei, residente en Cela, Bueu; Antón Pulido, ourensán de Bóveda de Amoeiro, residente na cidade de Vigo e mesmo César Antonio Molina, escritor e exministro de Cultura, foran protagonistas en anteriores encontros do programa desde a súa posta en marcha desde o pasado mes de abril.

Gervasio Sánchez, que será un dos participantes na Bienal de Arte de Pontevedra do 2025 é participante hoxe as 19h00 no Salón de Plenos da Deputación, unha nova conferencia que  será gravada para poder emitirse posteriormente en formato vídeo  e podcast a traves das plataformas Youtube e Spotify.

Gervasio1
Gervasio1

Gervasio Sánchez (Córdoba, 1959) é licienciado en Xornalismo e traballou como independente  pa Cadena Ser, El Heraldo de Aragón, o servicio español da BBC, especializado en conflitos armados, ademáis de ter varios libros fotográficos.

Durante a sús traxectoria  foi enviado especial en guerras en América do Sur, guerra do Golfo, así como noutros conflitos.

Dirixe desde 2001 o Seminario de Fotografía e Xornalismo da Fundación Santa María de Albarracín; mestre da Fundación Gabo, Membro de Honra da Universidade de Málaga  e Presidente de Honor da Asociación Fotográfica de Cordoba.

Antón Castro, doctor en Historia  del Arte e comisario de renome internacional que tamén o é da Bienal de Arte de Pontevedra 2025, formará  parte da conversa  no Salón de Plenos da Deputación xutro con o Presidente  da institución Rafa DOmingues e o fotoxornalista Gervasio Sánchez.

Gervasio3

'Conversas con arte' recibe a Gervasio Sánchez: unha viaxe pola historia a través do...
Comentarios