A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este sábado na gala final do concurso vigués Talent Show Megaestrelas (ata o de agora Pequestrelas) como plataforma de impulso para os artistas emerxentes na cidade. A representante autonómica entregou os galardóns e incidiu na importancia da alianza entre o Goberno galego e o certame co obxectivo de descubrir novos talentos con acento vigués.
“O concurso demostrou de novo a súa capacidade para crecer e dar un salto de calidade coa incorporación de novas categorías”, sinalou a delegada da Xunta durante a gala. Segundo explicou, a administración autonómica mantén o seu apoio ao Talent Show nesta nova etapa na que, tras as numerosas peticións, tamén puideron participar persoas maiores de idade.
Xurado
O xurado, formado por profesionais, foi o encargado de valorar aos participantes e elexir aos mellores nas categorías de canto, baile, maxia e interpretación. Os castings celebráronse a porta aberta ao público.
Premios
Na categoría Pequestrelas os premios foron catro becas do Conservatorio Mayeusis, gravación dun disco, carátula e sesión fotográfica, gravación dun videoclip, entradas para o Parque Acuático de Cerceda, diplomas para os finalistas e un fin de semana nas Illas Cíes con curso de buceo. E o premio da categoría Megastrelas foi a gravación dun disco, carátula e sesión fotográfica, gravación dun videoclip, diplomas para os finalistas e un fin de semana nas Illas Cíes con curso de buceo.
Gañadores
GAÑADOR ABSOLUTO DE MEGAESTRELAS 2024
ARIEL ECHEVERRY – BATERÍA
TROFEO DESTACADO
GRUPAL DE BAILE XUVENIL
1º VOILA – L DANZIA -TROFEO
2º LITTLE -TERESA NGUNDI
3º- REAL CREW – FLASHDANCE
GRUPAL DE BAILE INFANTIL
1º CRAZY MOB
2º LCREW L,DANZIA
3º ANNIE DE L,DANZIA
XUVENIL DE BAILE INDIVIDUAL
1º DANIELA MINIÑO
2º LUCÍA PEREZ
DUO OU TRÍO DE BAILE
DUO SESTRA – TERESA NGUNDI
INFANTIL INDIVIDUAL DE BAILE
RUTH CARRERA
VARIEDADES
ARIEL ECHEVERRY – BATERÍA
BAILE PREMIUM
1º CRISPY BONESDA
2º BOOM DANCE FLASHDANCE
CANTANTES
1º DANIA DIVA
2º LUCIA SAMUEL
3º CORAL MÉNDEZ
Á MELLOR APTITUDE
RUTH CARRERA