En xuño de 1974, nos últimos anos do franquismo, abrÃa en Madrid a GalerÃa Tambor, que durante os seguintes tres anos foi un dos centros neurálxicos da vida cultural da cidade. Comezaba a súa andaina cunha exposición de dous artistas novos: o pontevedrés Manuel Moldes e o bilbaÃno Mikel DÃez Alaba, de 24 e 26 anos nese momento, respectivamente. Aquela mostra, que foi a primeira individual de ambos artistas en Madrid, non deixou indiferente a ninguén.

Aproveitando que este ano se cumpriron cinco décadas daquela mostra e co obxectivo de seguir recuperando, poñendo en valor e dando a coñecer a obra, figura e legado do pintor pontevedrés, a Fundación Manuel Moldes recupera o espÃrito de Tambor e presenta a exposición "50 anos dende Tambor. Manuel Moldes + Mikel DÃez Alaba", xuntando de novo a obra de Moldes e a de DÃez Alaba. A mostra recolle algunhas das pezas da exposición orixinal de Tambor, senón que avanza ata o presente, con obras de diferentes épocas, estilos e formatos, permitindo que o diálogo que mantiveron en tempos de xuventude os artistas de Pontevedra e Bilbao, agora afincado en Menorca, continúe e evolucione como eles mesmos fixeron.

Ademais dos 50 anos daquela exposición en Tambor, esta nova mostra serve tamén para celebrar outra efeméride, xa que o 12 de novembro de 2024 foi o 75º aniversario do nacemento de Manuel Moldes.
